Libro de la semana: "No corazón do bosque"
Raquel ten nove anos e vive na cidade. Un día vai de excursión, coa súa clase ao bosque das Fragas do Eume. De regreso na súa casa, descubre atónita que algo se lle colou na mochila;un ser estraño e diminuto. É Derdrín, un trasno de máis de trescentos anos, que habitaba no bosque e non quería pasar o invierno só. Dílle á nena que unicamente precisa conversación e algo de comida. Raquel acepta que se convirta no seu invitado secreto e ofrécelle para dormir a caravana das barbies. A novela é a crónica dos meses que pasan xuntos, durante os cales Derdrín exercerá unha influencia moi grande na vida da nena, tanto no ámbito familiar como na escola. Unha historia cargada de humor, que reivindica a necesidade da fantasía e, tamén, a importante función que cumpren os antigos mitos en calquera sociedade.Atrévete a viaxar gracias á maxia do seu autor, Agustín Fernández Paz, nunha divertida historia escrita en galego.
Comentarios
Publicar un comentario