Entradas

Mostrando entradas de 2020

INVESTIGANDO ... ADENTRÁMONOS NO POLO NORTE E NO POLO SUR.

Imagen

13 de novembro: Día das Librarías

Imagen
 

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES!

Imagen
    Este ano para a conmemoración desta data, seguindo o lema da Consellería de Educación,  “XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR”, propuxemos como actividade aos nosos alumnos que compartisen cos compañeiros, os libros que lles permitiron deixar voar a súa imaxinación nalgún momento; e mesmo, aqueles que lles fixeron viaxar sin moverse da casa no tempo de confinamento.    Como sorpresa, o Equipo da biblioteca, preparou un BIBLIOCARRO con diferentes  libros para que o alumnado disfrutase da lectura no tempo de recreo. Foi todo un éxito!      

"DÍA DAS ESCRITORAS"

Imagen
O 19 de outubro celebrouse a "V Edición do Día das Escritoras", unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España e que tivo como lema "O esforzo cotián das mulleres" . Dende a biblioteca escolar fomentouse a visualización da obra das escritoras galegas nas distintas etapas. Mostrámosvos algúns dos traballos realizados polo alumnado para a conmemoración desta data.

"XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

Imagen
                                       Achegámosvos o lema que edita a Consellería de Educación cara a celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro.  A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora dos mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír. Cada libro que lemos é unha ocasión para ampliar a imaxinación e aumentar os coñecementos.

TALLER DE PAPIROFLEXIA

Compartimos este recurso escolar que nos chega desde  Área educativa Afundación, e co que podedes pasar un rato divertido en familia. Tedes un papel? Papiroflexia. Facemos un pez

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA". EI.

Imagen
A etapa de Educación infantil do noso colexio, tamén celebrou   o "Día das Letras Galegas". Os máis pequenos coñeceron a figura do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero, a través do conto "As pitas baixo a choiva".  Podédelo ver no seguinte enlace. AS PITAS BAIXO A CHOIVA Mirade que traballos tan bonitos fixeron!

CELEBRAMOS O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS". 1ºEP

Imagen

"LETRAS GALEGAS 2020".

Imagen
O próximo domingo, 17 de maio, celébrase o "Día das Letras Galegas". Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, que ademáis naceu en Ferrol no 1910, a escasos metros do noso colexio. Faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas. Queredes coñecelo un pouquiño mellor? A que si? Pois premede nos seguintes enlaces. Ricardo Carvalho Calero- Real Academia Galega Primavera das Letras- Real Academia Galega Ricardo Carvalho Calero no programa "A Trave de Ouro" da TVG (1987) A poesía de Carballo Calero en sete palabras- Portal das Palabras

DÍA DEL LIBRO. 4º ESO

Imagen
LOS BARCOS DE PAPEL (Adaptación) Todos los días echo mis barquitos de papel al río, uno tras otro, corriente abajo. Llevan pintados, con grandes letras negras, mi nombre y el nombre de mi pueblo. Si en la playa desconocida donde lleguen alguien los encuentra, sabrá quién soy yo… Mis barquitos van cargados con flores del jardín de mi casa, y estoy seguro que estos capullos, cogidos al alba, llegarán con bien a tierra por la noche.   (R. Tagore) Partiendo de la lectura de Tagore, una alumna de 4º de ESO, ha elaborado este maravilloso barquito de papel.

DÍA DO LIBRO. 1º E 2º da ESO.

Imagen
Para a celebración do "Día do libro", puxemos a proba a creatividade e imaxinación dos alumnos de 1º e 2º da ESO. Propuxémoslles unhas greguerías de Ramón Gómez da Serna para que puxeran expresión plástica a algunha delas. Tiñan que pintar un debuxo e escribir nel, a modo de título, a greguería que representa. Non podían olvidar entrecomillar o texto; e poñer, o nome e os apelidos do autor. Aquí podedes ver algúns traballos destes grandes artistas!

TALLER DE ARTES PLÁSTICAS.

Desde Área educativa Afundación queren seguir apoiando á comunidade escolar. A continuación engadimos unha ligazón para que poidades gozar dela esta fin de semana en familia. Tedes crema de zapatos?  TALLER DE ARTES PLÁSTICAS EN FAMILIA    

CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO" E SEGUIMOS LENDO MOITO NA CASA.1ºEP

Imagen

MEU LIBRO 2020. 6º EP

Os alumnos de 6º de EP recoméndannos os seus libros favoritos para a celebración do "Día do libro". Cal elixides?

CELEBRANDO O "DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020".

Imagen

SEMANA DA PRENSA.

Imagen
 Do 9  ao 13 de marzo, conmemorouse a Semana da Prensa.  Dende a biblioteca, o equipo propuxo un reto un pouquiño difícil ao alumnado: buscar nas diferentes seccións dos xornais " novas boas", e encher con elas a edición especial de " A Voz do Jesús Maestro". Parécevos que o conseguiron?

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Imagen
Para esta data, propuxemos aos nosos alumnos indagar na bibliografía existente na nosa biblioteca, sobre mulleres pioneiras ao longo da historia ou destacadas nalgunha disciplina. Os alumnos de 2º de EP, quixeron tamén celebrar este día, recoñecendo o labor que realizan as súas nais, tías, avoas... ou como eles denominan, «Superheroínas», agradecéndolles o seu esforzo. Aquí quedades cunha mostra dos seus traballos!

TALLER CREATIVO: O ENTROIDO.

Imagen
O Entroido chegou á biblioteca escolar! Os nosos peliqueiros e cigarróns foron collendo cor pouco a pouco no Taller creativo proposto para esta data. Cada un máis orixinal que o anterior. Que creativos son estes rapaces! ,

PROXECTO: "AS NOSAS EMPRESAS". 6ºEP

Imagen
Dende a biblioteca, os rapaces de 6º de EP traballaron para converterse en empresarios por un día e presentar os seus proxectos a outras clases. Procuraron a información necesaria para elaborar a súa empresa e intentar vender os seus produtos ao resto de compañeiros. As novas tecnoloxías estiveron presentes nos seus traballos, así como, todos os materiais reciclados que atoparon para elaborar todos os produtos. Foi moi enriquecedora a súa exposición! .

Los regalos de los Reyes Magos a nuestra biblioteca

Imagen
¡Estamos de suerte! ¿No sabes por qué? Tienes que visitar la biblioteca, ¡¡pero hazlo ya!! Los Reyes Magos nos han visitado y nos han dejado un montón de juegos de mesa y educativos. Pictionary, Trivial, Tabú, Party family, Legos, varios Conector, Sinónimos y Antónimos... Y no seguimos porque lo mejor es que vengas, los veas y sobre todo que JUEGUES CON ELLOS. Te esperamos. ¡Ahh! Si en tu aula vais a organizar alguna minifiesta, no os olvidéis que los juegos se pueden prestar a la clase, eso sí, solo dentro del cole. GRACIAS MELCHOR, GASPAR Y BALTASAR Y gracias al PLAMBE por ayudarnos a mejorar los fondos y usos de nuestra biblioteca. PD. Nos comunican desde Oriente que en próximos días llegarán nuevos libros y material de papelería. ¡¡MADRE MÍA qué buenos hemos sido!!!