Entradas

"XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

Imagen
Achegámosvos o lema que edita a Consellería de Educación cara a celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro.  A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora dos mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
Cada libro que lemos é unha ocasión para ampliar a imaxinación e aumentar os coñecementos.

TALLER DE PAPIROFLEXIA

Compartimos este recurso escolar que nos chega desde  Área educativa Afundación, e co que podedes pasar un rato divertido en familia.

Tedes un papel?

Papiroflexia. Facemos un pez

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA". EI.

Imagen
A etapa de Educación infantil do noso colexio, tamén celebrou   o "Día das Letras Galegas". Os máis pequenos coñeceron a figura do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero, a través do conto "As pitas baixo a choiva". 
Podédelo ver no seguinte enlace.
AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Mirade que traballos tan bonitos fixeron!






CELEBRAMOS O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS". 1ºEP

Imagen

"LETRAS GALEGAS 2020".

Imagen
O próximo domingo, 17 de maio, celébrase o "Día das Letras Galegas". Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, que ademáis naceu en Ferrol no 1910, a escasos metros do noso colexio. Faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Queredes coñecelo un pouquiño mellor? A que si?

Pois premede nos seguintes enlaces.


Ricardo Carvalho Calero- Real Academia Galega

Primavera das Letras- Real Academia Galega

Ricardo Carvalho Calero no programa "A Trave de Ouro" da TVG (1987)

A poesía de Carballo Calero en sete palabras- Portal das Palabras







DÍA DEL LIBRO. 4º ESO

Imagen
LOS BARCOS DE PAPEL (Adaptación)
Todos los días echo mis barquitos de papel al río, uno tras otro, corriente abajo. Llevan pintados, con grandes letras negras, mi nombre y el nombre de mi pueblo. Si en la playa desconocida donde lleguen alguien los encuentra, sabrá quién soy yo… Mis barquitos van cargados con flores del jardín de mi casa, y estoy seguro que estos capullos, cogidos al alba, llegarán con bien a tierra por la noche.
(R. Tagore)
Partiendo de la lectura de Tagore, una alumna de 4º de ESO, ha elaborado este maravilloso barquito de papel.

DÍA DO LIBRO. 1º E 2º da ESO.

Imagen
Para a celebración do "Día do libro", puxemos a proba a creatividade e imaxinación dos alumnos de 1º e 2º da ESO. Propuxémoslles unhas greguerías de Ramón Gómez da Serna para que puxeran expresión plástica a algunha delas. Tiñan que pintar un debuxo e escribir nel, a modo de título, a greguería que representa. Non podían olvidar entrecomillar o texto; e poñer, o nome e os apelidos do autor.
Aquí podedes ver algúns traballos destes grandes artistas!