Entradas

Mostrando entradas de 2021

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
 

ELABORANDO PODCASTS NA RADIO ESCOLAR

Imagen
Despois dun amplo traballo de planificación e preparación, grabamos os primeiros podcasts na radio escolar. Xela Arias, a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas; Mulleres científicas; e curiosidades de Roma e da historia, foron algúns dos temas elixidos. Deixámosvolos para que os poidades escoitar. CURIOSIDADES DA HISTORIA CURIOSIDADES DE ROMA XELA ARIAS MULLERES CIENTÍFICAS

VIAXANDO POLO MUNDO MÁXICO DOS LIBROS

Imagen
Neste mes do libro, enchemos o colexio de: selfies, parágrafos, descricións e marcapáxinas de personaxes de libros que nos fixeron viaxar por lugares insospeitados; e pasar momentos moi entretidos. Foi enriquecedor para o alumnado compartir e recomendar as súas lecturas favoritas! 📒📓📔📕

A QUE SABE A LÚA?

Imagen
Os alumnos de Educación infantil, disfrutaron dunha sesión especial de contacontos para a conmemoración do "Día Internacional do libro". Pasárono xenial! Que sabor terá a lúa?

"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO"

Imagen
Chegou a data tan esperada e que tanto nos gusta, a celebración do “Día do libro”. A ambientación do noso centro con frases célebres que motiven ao alumnado a achegarse aos libros, a realización de diferentes actividades relacionadas coa lectura e a elaboración de marcapáxinas, formarán parte desta data tan especial. Temos preparado un cartel que encheremos de sefies e de descripcións dos personaxes dos nosos libros favoritos. Aquí tedes unha mostra dos preparativos!

A RADIO ESCOLAR: ESTAMOS NA ONDA.

Imagen
Ante o novo reto de posta en marcha da radio escolar, o profesorado estase formando para sacar o maior rendemento educativo desta ferramenta didáctica, na que o alumnado participa de maneira activa no proceso de ensinanza-aprendizaxe.  

Coñecendo a vida da nosa galega ilustre: Rosalía de Castro.

Imagen

24 de febreiro, Día de Rosalía

Imagen
O 24 de Febreiro, conmemórase en Galicia o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.  O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, sendo Rosalía a primeira homenaxeada. Cantarte hei, Galicia,  teus dulces cantares, que así mo pediron na veira do mare. Cantarte hei, Galicia,  na lengua gallega, consolo dos males,  alivio das penas.  ("Cantares gallegos")

INDAGANDO SOBRE OS DINOSAUROS...

Imagen
Este mes, a profe Sandra propúxonos un Obradoiro de investigación sobre os dinosauros. Canto nos gusta a selección e busca de información nos libros da biblioteca!