Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

TALLER DE PAPIROFLEXIA

Compartimos este recurso escolar que nos chega desde  Área educativa Afundación, e co que podedes pasar un rato divertido en familia. Tedes un papel? Papiroflexia. Facemos un pez

"AS PITAS BAIXO A CHOIVA". EI.

Imagen
A etapa de Educación infantil do noso colexio, tamén celebrou   o "Día das Letras Galegas". Os máis pequenos coñeceron a figura do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero, a través do conto "As pitas baixo a choiva".  Podédelo ver no seguinte enlace. AS PITAS BAIXO A CHOIVA Mirade que traballos tan bonitos fixeron!

CELEBRAMOS O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS". 1ºEP

Imagen

"LETRAS GALEGAS 2020".

Imagen
O próximo domingo, 17 de maio, celébrase o "Día das Letras Galegas". Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero, que ademáis naceu en Ferrol no 1910, a escasos metros do noso colexio. Faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas. Queredes coñecelo un pouquiño mellor? A que si? Pois premede nos seguintes enlaces. Ricardo Carvalho Calero- Real Academia Galega Primavera das Letras- Real Academia Galega Ricardo Carvalho Calero no programa "A Trave de Ouro" da TVG (1987) A poesía de Carballo Calero en sete palabras- Portal das Palabras