Entradas

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Imagen
Para esta data, propuxemos aos nosos alumnos indagar na bibliografía existente na nosa biblioteca, sobre mulleres pioneiras ao longo da historia ou destacadas nalgunha disciplina. Os alumnos de 2º de EP, quixeron tamén celebrar este día, recoñecendo o labor que realizan as súas nais, tías, avoas... ou como eles denominan, «Superheroínas», agradecéndolles o seu esforzo. Aquí quedades cunha mostra dos seus traballos!

TALLER CREATIVO: O ENTROIDO.

Imagen
O Entroido chegou á biblioteca escolar! Os nosos peliqueiros e cigarróns foron collendo cor pouco a pouco no Taller creativo proposto para esta data. Cada un máis orixinal que o anterior. Que creativos son estes rapaces! ,

PROXECTO: "AS NOSAS EMPRESAS". 6ºEP

Imagen
Dende a biblioteca, os rapaces de 6º de EP traballaron para converterse en empresarios por un día e presentar os seus proxectos a outras clases. Procuraron a información necesaria para elaborar a súa empresa e intentar vender os seus produtos ao resto de compañeiros. As novas tecnoloxías estiveron presentes nos seus traballos, así como, todos os materiais reciclados que atoparon para elaborar todos os produtos. Foi moi enriquecedora a súa exposición! .

Los regalos de los Reyes Magos a nuestra biblioteca

Imagen
¡Estamos de suerte! ¿No sabes por qué? Tienes que visitar la biblioteca, ¡¡pero hazlo ya!! Los Reyes Magos nos han visitado y nos han dejado un montón de juegos de mesa y educativos. Pictionary, Trivial, Tabú, Party family, Legos, varios Conector, Sinónimos y Antónimos... Y no seguimos porque lo mejor es que vengas, los veas y sobre todo que JUEGUES CON ELLOS. Te esperamos. ¡Ahh! Si en tu aula vais a organizar alguna minifiesta, no os olvidéis que los juegos se pueden prestar a la clase, eso sí, solo dentro del cole. GRACIAS MELCHOR, GASPAR Y BALTASAR Y gracias al PLAMBE por ayudarnos a mejorar los fondos y usos de nuestra biblioteca. PD. Nos comunican desde Oriente que en próximos días llegarán nuevos libros y material de papelería. ¡¡MADRE MÍA qué buenos hemos sido!!!

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Imagen
Aproveitando a celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional achéganos o cartel co lema elixido para este curso: BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA. Con este lema, quérense lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de habilidades sociais e valores esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.

"LER É CRECER".

Imagen
Ven a coñecer as novidades da biblioteca e sorpréndete. ESPERÁMOSTE!

PECHAMOS POR VACACIÓNS!

Imagen
A nosa biblioteca pecha por vacacións! NON DEIXEDES DE LER, NESTE TEMPO DE LECER! Deixámosvos este enlace de Bibliotecas Escolares de Galicia no que encontraredes recomendacións de lecturas para este verán: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/3/9 FELICES VACACIÓNS!