24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA
Aproveitando a celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, a
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
achéganos o cartel co lema elixido para este curso: BIBLIOTECA ESCOLAR,
VIVEIRO DE CIDADANÍA. Con este lema, quérense lembrar as oportunidades
que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de
habilidades sociais e valores esenciais para unha participación activa e
responsable nos distintos eidos da vida.
Comentarios
Publicar un comentario