24 de outubro, Día da Biblioteca

O día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura e da cultura.

 O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola súa parte, vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa.  

Aquí tedes o cartel conmemorativo para este ano!


Comentarios

Entradas populares de este blog

APÚNTATE Á AVENTURA! ACTIVIDADES DÍA DA BIBLIOTECA

La mascota aún no tiene nombre