Información sobre as actividades na Biblioteca Municipal. (1º Semestre 2016)


Aquí os dejamos la información del semestre con algunas de las actividades de la biblioteca Municipal de nuestra ciudad.

A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en informalo/a sobre a nova actividade que se vai desenvolver durante este semestre:

Ciclo de conferencias Aprender a ver cine: mércores 27 de xaneiro e todos os segundos mércores de mes, de febreiro a xuño, de 18.00 a 20.00 h. Entrada libre. Coordina: Pilar Freire Rodríguez. Ver documentación adxunta sobre a nova proposta e a súa programación.

Ademais, lembrámoslle algunhas das actividades periódicas que se levarán a cabo durante estes meses:
Club de lectura de poesía: os luns: 25 de xaneiro, 22 de febreiro, 14 de marzo e 11 de abril. Entrada libre. Coordina: Juan Carlos Valle, Karlotti.
Taller de escritura: mércores 13 de xaneiro e todos os primeiros mércores de mes, de febreiro a maio, de 18.00 a 20.00 h. Inscrición previa. Coordina: Luz María Leira Rivas.
Club de lectura de narrativa: todos os terceiros mércores de mes, de xaneiro a maio, de 18.00 a 20.00 h. Inscrición previa. Coordina: Norma Fariña Couselo.
Club de lectura positiva: todos os últimos xoves de mes, de xaneiro a maio, de 18.00 a 20.00 h. Inscrición previa. Coordina: Sabela Naranjo González.
A hora do conto: venres alternos ás 18.00 h na sala infantil/xuvenil. Requírese invitación.

Para máis información poden chamar ao teléfono 981 944 182. Nas actividades que precisan inscrición existen listas de espera na que se poden apuntar os/as interesados/as.
Agardamos que a información sexa Do seu interese.


Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORANDO PODCASTS NA RADIO ESCOLAR

VIAXANDO POLO MUNDO MÁXICO DOS LIBROS

"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO"