Entradas

23 DE FEBREIRO, "DÍA DE ROSALÍA"

Imagen
En conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro o 24 de febreiro, os alumnos do colexio, homenaxeárona con diferentes actividades e recitado de poesías.

Visita da autora Ana Alonso

Imagen
Esta semana visitounos Ana Alonso, autora dos libros: "Los tres peregrinos" e "El diario de Cristina" que están a ler os alumnos de 5º e 6º de Educación primaria.  Foi un pracer desfrutar da súa presenza.

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imagen
 

ELABORANDO PODCASTS NA RADIO ESCOLAR

Imagen
Despois dun amplo traballo de planificación e preparación, grabamos os primeiros podcasts na radio escolar. Xela Arias, a homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas; Mulleres científicas; e curiosidades de Roma e da historia, foron algúns dos temas elixidos. Deixámosvolos para que os poidades escoitar. CURIOSIDADES DA HISTORIA CURIOSIDADES DE ROMA XELA ARIAS MULLERES CIENTÍFICAS

VIAXANDO POLO MUNDO MÁXICO DOS LIBROS

Imagen
Neste mes do libro, enchemos o colexio de: selfies, parágrafos, descricións e marcapáxinas de personaxes de libros que nos fixeron viaxar por lugares insospeitados; e pasar momentos moi entretidos. Foi enriquecedor para o alumnado compartir e recomendar as súas lecturas favoritas! 📒📓📔📕

A QUE SABE A LÚA?

Imagen
Os alumnos de Educación infantil, disfrutaron dunha sesión especial de contacontos para a conmemoración do "Día Internacional do libro". Pasárono xenial! Que sabor terá a lúa?

"DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO"

Imagen
Chegou a data tan esperada e que tanto nos gusta, a celebración do “Día do libro”. A ambientación do noso centro con frases célebres que motiven ao alumnado a achegarse aos libros, a realización de diferentes actividades relacionadas coa lectura e a elaboración de marcapáxinas, formarán parte desta data tan especial. Temos preparado un cartel que encheremos de sefies e de descripcións dos personaxes dos nosos libros favoritos. Aquí tedes unha mostra dos preparativos!