Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

CELEBRANDO O LIBRO E A LECTURA

Imagen
  Para conmemorar o "Día do libro" , compartimos no noso muro de lectura os hastags:  #omeulibrofavorito, #abibliomola, #nonparesdeler e #booklovers e animamos ao noso alumnado a enchelo coa portada dos seus libros favoritos, ou aqueles que tiveron un significado especial para eles porque lles axudaron a pasar bos momentos e gardan deles un bo recordo. Engadiron tamén opinións ou reflexións que lles aportaron as diferentes lecturas. Leváronse a cabo os "Apadriñamentos lectores" no que o alumnado compartiu momentos inesquecibles de lectura. Como desfrutaron padriños e afillados !   

Visita de autor

Imagen
En 1º de EP visitounos Miguel López, "O Hematocrítico", autor de "Feliz Feroz: o lobo riquiño", libro que está a ler o alumnado. Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora.