24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA
![Imagen](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhHGyt6lPimd5QiESg3_3XmtBEq5i0l4L03chnVpWR5dbl7KwZHkhZHTveS6U1nR0XmyO8PRMsRklI199TcntTKQdQcnJ98oMr5JkBp4WgN2OqHC3B_NV_Pxr_8Z1TqnY25x39A62nSOGsq/s320/imagen+viveiro+de+cidadania.jpg)
Aproveitando a celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional achéganos o cartel co lema elixido para este curso: BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA. Con este lema, quérense lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de habilidades sociais e valores esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.