Entradas

Mostrando entradas de 2019

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

Imagen
Aproveitando a celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional achéganos o cartel co lema elixido para este curso: BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA. Con este lema, quérense lembrar as oportunidades que ofrece a biblioteca escolar para reforzar as aprendizaxes de habilidades sociais e valores esenciais para unha participación activa e responsable nos distintos eidos da vida.

"LER É CRECER".

Imagen
Ven a coñecer as novidades da biblioteca e sorpréndete. ESPERÁMOSTE!

PECHAMOS POR VACACIÓNS!

Imagen
A nosa biblioteca pecha por vacacións! NON DEIXEDES DE LER, NESTE TEMPO DE LECER! Deixámosvos este enlace de Bibliotecas Escolares de Galicia no que encontraredes recomendacións de lecturas para este verán: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/3/9 FELICES VACACIÓNS!

23 DE ABRIL, CELEBRAMOS O "DÍA DO LIBRO"

Imagen
Este ano, nesta data tan sinalada, quixemos acercarnos á poesía a aos seus autores. É por isto, que nos propuxemos encher as paredes de poesías e compartir, todos xuntos, un ratiño poético a través dun “Recital de poesía”; no que cada curso mostrou as súas dotes poéticas. Foi un verdadeiro pracer adentrarnos no mundo dos versos, das rimas, da expresión e das artes literarias!

SOMOS CENTRO PLAMBE

Imagen
Este curso somos un centro de nova incoroporación ao PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia ). A contía recibida destinarémola á  actualización  dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outros equipos necesarios, así como a gastos de funcionamento. Aquí tedes unhas fotos das novas adquisicións!