BUSCAMOS UNHA MASCOTA
Ao longo deste curso, os alumnos de Educación primaria, traballarán cooperativamente no proxecto "Un país na mochila". Farán un percorrido por toda a xeografía española facendo unha paradiña en cada Comunidade Autónoma. Pero..., para facer a súa viaxe, precisan dunha mascota que os acompañe. É, por iso, que poñemos en marcha este concurso. Animádesvos a participar?